sábado, 31 de enero de 2009

¿axudas os bancos?

O outro día estaba vendo unhas cousas pola tele. Estaban a falar da crise e das axudas os bancos. Un compañeiro de piso meu, que estudia cocoloxía (psicoloxía) dixome: "tu que sabes de esto, ¿tan desastorso sería no ayudar a los bancos?". Non e que eu sexa un erudíto na materia, pero é que eu estou en Administración e Dirección de Empresas e claro, estudo cousas desas, así que supuxo q algo si sabería. O cocólogo xa comentara algunha vez o que tanta xente opina, ¿por qué axudar os bancos se a culpa é súa?, pero debeu de pensar que preguntar é gratis e, o mesmo, existe algunha razón (alomenos teórica) para que os gobernos fagan tal cousa. Fixo ben preguntar, a maioría critican esas medidas sen ter moita idea do que pasa.

Pois o que pasaría non o podemos saber con certeza, pero dende unha "nova decada dos 30", cunha crise que probablemente superárase cunha 3º guerra mundial ata o fin do capitalismo ("oh, si, que ben" din algúns) pasando por nada grave, que din dous ou tres neoliberais están desfasados, moi desfasados.

Non facer nada non é boa opción. É probablemente un dos poucos aspectos onde o 99´9% dos economistas estén dacordo. Unha das causas de este interese polo intervencionísmo estatal é a experiencia. no ano 29 a crise foi tremenda (é inda por riva, non existian moitas "precaucións " que hoxe si temos), pensouse que o mercado sería capaz de remontar, e cando se quixo reacciónar xa era tarde. En resumo, so a 2º Guerra Mundial puido curar o Crack do 29. Importante mencionar que aquela crise e a actual non teñen moitas cousas que ver, nin en causas nin en practicamente nada.

O que non se pode consentir é que os que hoxe piden axuda a Papá Estado sexan os que non fai tanto tempo case dicían que a intervención estatal era "demoníaca". Se queren que Papá Estado os axude teñen que ter un mínimo de coerencia, responsabilidade e decencia entre uotras moitas características que non abundaron nos ultimos anos...nas ultimas decadas.

A falta de regulación do mercado é froito da tendencia política internacional dende a primeira metade dos anos 70, onde o neoliberalismo a ultranza está a sustituir o Keinesianismo da etapa anterior. De efeito os países que máis se deixeron levar por esta tendencia (liderada por EEUU) son os que máis están a sufrir a crise. Non nos enganemos, o fundamental é que EEUU entou en crise, os demais non son a causa, inda que axuden.

Un símil: todos sabemos que hoxe en día existe unha serie de medidas (sen entrar na sua efectibidade) para controlar a pesca. Estoten unha razón que supoño que todos coñecemos: a pesca escasiva remataría ca capacidade da natureza para proporcionar máis pesca. En resumo estas medidas preetenden impedir a hipotecación do futuro. Pois esto ven sendo o que pasou na economía. Buscaronse benefícios a moi curto prazo, sen pnsar en que logo esto tería consecuencias. Esto é o que non pode ser, que non existan "politicas pesqueiras" para a banca.

(se queredes un segundo articulo, pedídeo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario