Chegan as eleccións. A democracia, esa grande palabra na que nos gusta pensar que vivimos. Nin tan certo nin tan falso.
Resulta fácil dicir de que os políticos son todos iguais, e ninsequera sería unha mentira moi grande. Actualmente, cada político está escravizado pola súa obsesión por posuír o poder. Isto fai que os poucos partidos relevantes teñan políticas similares, predicibles e máis catalogables en boas-malas que en esquerdas-dereitas. Pero está peor a situación en EEUU onde, para acadar o poder, os votos son "mercados" por campañas baseadas en grandes palabras, moitos colores, luces. isto claro está, ten un alto costo, o cal é abonado por recadacións do partido, as cales, normalmente, proceden na súa maioría de grandes empresarios, que fan grandes doazóns e logo pedirán grandes favores o presidente. Esperemos que o señor Obama poida aproveitar ter financiado a súa campaña a base de pequenas doazóns individuais.
Por contra si existen pequenas diferencias entre uns é outros, e é o noso deber como cidadáns saber cal é o indicado. Non son todos o mesmo, e inda que ningun dí a verdade e todo son medias verdades, nós temos que ser capazes de ver mais alá dasa suas palabras. Especialmente en materia económica. Se eles din que queren facer "A" para acadar un obxectivo "X1" temos que pensar se certamente "A" pode producir "X1" e se non probocará uns "X2,X3, X4..."nada desexables, os cales, inda que os políticos politicos non mencionan, ben pola súa ignorancia, ben por manter a nosa. Ourto partido tresentará a opción "B" cun obxectivo probablemente moi parecido a "X1"...¿cal ten a razón? normalmente os dous e ningún. Que mais dará. Gustariame facer un esperimento, ir a porta dun colexio electoral e facer a tipica enquisa de "¿a quen votaches?" añadindo un "¿por que?" e logo outro "¿por que?". Creo que podería ser moi interesante.
Conclusión: a reflexión é un ben cada día mais escaso.