miércoles, 21 de enero de 2009

Escoitando os idiotas

Escoita. O qué?? Todo. So existe unha forma correcta de aprender: escoita, logo pensa.
Por que digo esto?? seguro que todos coñecemos a máis de un "listo" poseedor da verdade absoluta, tan seguro da súa razón que ninsequera se asegurar de tela, así que non acostuma escoitar, ¿para qué? !se xa o sabe todo¡. Non estou falando de ninguén en concreto, que ninguén se anoxe, pero si que teño a máis de un na miña cabeza. Un home sabio dixo unha vez algo así como que os tontos gustaballes falar do que ignoran e os listos escoita-los falar. Eu teño un "pequeno" problema de incontinencia verbal. Demasiado para o intelixente que me considero e incluso para o que me consideran os que máis me coñecen, pero sei que as miñas crenzas non son dogma de fe (contra a maioria, se falamos de música, si que o son). De todos modos si que disfruto moito do placer de escoitar. Escoitar as voces da ignorancia entretenme, chegan a ser tan comicos que teño que facer grandes esforzos para non escachar ca risa. Tamén gustame xogar cas mentes que non están en condicións de defenderse, guialas por un razoamento erroneo ou ver cantas paridas podo dicir sen ser descuberto para rematar con un "era coña". Os "falsos listos" son mellores para simplemente escoitar e rir xa que en canto ven que se lles presta atención xa non poden parar. Poden chegar a ser molestos se intentas amosarlles que o que están a dicir non ten nin pes nin cabeza, tentación que en ocasións resulta francamente difícil de controlar dado o tamaño que chegan a acadar as súas falacias.
Tamen existe xente lista fácil de confundir con estos parvos. Teño un amigo moi listo, non direi nomes, que sempre tiña razón. un dia decatouse de que a tiña, e dende entón, normalmente non acerta nada e está feito un pequeno dictador, poseedor da verdade absoluta, e sulfurase todo como queras discutirlle algo.
Por moi entretido que resulten os tontos, os listos acostuman resultar moito máis interesantes. Simplemente, poden enriquecer a mente do ointe moito máis. Inda que dos parvos tamen se poida aprender moito a base de reflexionar sobre as súas ignorantes ideas e algunhas non tan ignorantes, que as veces tamen as din.
É un gran placer escoitar a alguen entendido na materia....na materia que sexa.
¡Ata outra, e pensade!

3 comentarios:

  1. Bueno... al menos ahora puedo seguir tu discurso. Creeme, cuñado, leerte es más fácil que escucharte.

    ResponderEliminar
  2. eso es merito de mi gran capacidad de oratoria!!que triste jajaja!

    ResponderEliminar
  3. No sabría elegir qué resulta más fácil. Te aseguro que es mutuo.
    Escuchar a otros, entender los matices y rincones del discurso, interactuar de la manera más activa posible....estoy de acuerdo en que es enriquecedor. Pero créeme, resulta tan positivo leerlos.

    ResponderEliminar