miércoles, 31 de diciembre de 2008

Curioso o ser humano

Hoxe remata o 2009. É curioso, miras o reloxo agardando a que deixen de ser e 59 e pasen a ser en punto calquera outra hora do ano e parece que estás tolo, es parvo ou tes demasiado tempo libre, por contra o último día de decembro, o raro é que non mires o reloxo, parece que estás tolo. Celebramos un día que a humanidade dixo, fai seculos, era o cambio de ano, é todo por que tiñamos que cambiar de ano en algun momento. ¿E o 3 de outubro ou o 9 de xuño? ¿Qué teñen de malo? Que conste que por moi estúpido que me pareza, eu como as uvas e logo bou de festa, dende o ano pasado incluso bou de traxe e garabata (e que os teño de unha voda, quero darlles un pouco de uso e hate a seguinte poden pasar anos). Claro que eu saíndo de festa, como que tampouco é algo moi atípico.

Curioso o ser humano e a relatividade da cordura.

En calquera caso o fin de ano non é o que me desagrada do Nadal, resúltame curioso pero nin bo nin malo. O que realmente detesto e eso do “espíritu navideño” . Non soporto as panxoliñas nin os gatiños con gorriños de Papá Noel-Cola. O dos regalos esta ben cando os recibes, pero non me gusta o consumismo dos últimos tempos. Cando eu era neno (e so teño 21 anos) raro era o fogar onde Santa facía visitas, e agora, outra “tradición” made in USA. Como halloween. Aquí en Galiza xa tiñamos unha festa exactamente igual, con outro nome, de tradición, parece ser, prerromana. Pido perdón, non recordo o nome. O caso e que esa festa deixouse de celebrar fará unhas poucas décadas, non pasa nada, se non gusta non gusta. O estraño é que agora compremos a mesma festa os EEUU, pero xa se sabe, se é Americano, mola.

Pero con todo, ¡¡¡feliz ano!!!!

lunes, 29 de diciembre de 2008

O sentido da vida (parte 2):


Ditos xa os cartos e a fama.... ¿Qué obxectivos na vida me quedan por criticar? Pode que me esqueza algún que sexa importante citar, se alguén ten algunha idea, que a diga que eu cárgoma nunhas liñas.

Pois creo que por fin chegamos “ó sentido da vida”. O sentido da vida, queridos lectores, non é outro que ser felices. Uffff!!!! Topicazo!!! Pois si, así de primeiras é un topicazo, ¿pero para qué podemos querer nos ser infelices? ¿Merece a pena algo que non é capaz de facernos felices? Non, claro que non. Se non somos felices nin temos a menor intención ou posibilidade remota de selo, non teño claro para que nos molestamos en vivir. ¡Ollo que non estou animando a ninguén a suicidarse! Pero como acostuma pasar cando parece que chegamos a unha conclusión, aparecen moitas novas dúbidas: ¿Qué é, máis concretamente, ser feliz? ¿Cómo podo chegar a ser feliz? ¿Son feliz? E moitas máis.

En canto a qué é a felicidade, cabe destacar que moita xente, ou polo menos moitos que eu coñezo, teñen a idea na cabeza de que ser feliz é estar todo o tempo feliz. Paradoxalmente esto é completamente falso, de feito, ninguén é feliz o 100% do seu tempo vital ( teño dubidas de unha persoa) pero existen persoas felices (como eu). É moi fácil pensar que por andar aburrido de vez en cando non es feliz, pero é falso. A felicidade faise a ratiños, ter momentos de felicidade, uns máis longos outros menos, uns máis fortes, outros máis suaves pero ter polo menos un cada día ou case todos os días.

Para ser feliz o primeiro e non obsesionarse con ser feliz. Se vives empeñado en ser feliz serás infeliz. O segundo punto sería gozar deses momentos felices citados anteriormente e non deixar que os malos momentos, que son completamente inevitables, dominen a nosa vida. Claro esta, ante problemas moi grandes esto resulta practicamente imposible, pero si pode ser transitorio. Finalmente resulta moi útil non esperar a felicidade se non saír a buscala, e para buscala o mellor é facer cousas que resulten gustosas, o que sexa (sendo boas persoas,claro está), sempre tendo en conta que non podes hipotecar a túa futura felicidade, non merece a pena ter que aguantar logo tanta tristeza.

En canto a “¿son feliz?”cada quen ten que contestarse a si mesmo, dende logo e unha pregunta moito máis interesante do que pode parecer a simple vista. O que si que esta claro e que se a resposta é non, ponte as pilas, só se vive unha vez.

O sentido da vida (parte 1):


Boa película dos Pyton…….pero non é eso do que eu quero falarvos. Cada quen é libre de facer o que lle pete ca súa vida, faltaría máis, inda que sempre procurando non molestar (iso vai por ti inventor do reggaeton) e dado que todos imos morrer algún día (o mesmo eu non, que sonche moi raro) o feito de facernos ricos materialmente perde boa parte do seu interese a longo prazo....certo, moitos dos lectores teñen ou terán fillos algún día e poderían deixarlle unha substanciosa herdanza a estes, pero eu son da opinión de que as grandes herdanzas non son boa cousa, o mesmo o explico nun futuro con mais detalle, pero creo que non é moi xusto socialmente que alguén que non fixo nada na súa vida sexa rico, e ademais non lle dan as cousas o valor que teñen (e inda que sexa politicamente incorrecto dicilo, cantos máis cartos teña papa máis fácil é que o neno/a salga imbécil). Contra as herdanzas máis ou menos pequenas non teño nada. Alguén dirá que ser rico mola, non serei eu quen diga que non, pero resulta difícil chegar a selo, probablemente nunca o logres, que se o logras, felicidades, pero os cartos non dan a felicidade (inda que si poidan axudar bastante). A conclusión a esta parte de exposición e clara: Non te mates demasiado para lograr os cartos, so o xusto para vivir un pouco ben e merecelos.

Moita xente, se me fixese caso agora quedarían orfos de obxectivos, coitados.

Segundo obxectivo vital estándar, fama. Existen tres formas básicas de ser recordado despois da morte durante moitos séculos. Ser moi malo, ser moi bo e ser un xenio. Se es un xenio, pero un deses realmente xeniais, probablemente serás incapaz de non facer méritos para ser recordado, e inda así as circunstancias teñen que serche favorables (o/a señor/a que inventou a roda era un xenio, pero ninguén sabe quen era). Se o teu plan e ser moi bo, dado que xa non meten xente nova na biblia, funda unha relixión, é a túa mellor opción, pero por moi tentadora que resulte, a maior parte das relixión fracasan nos seus primeiros anos de vida, tamén podes intentar ser Gandi pero se é o único que recordo así rapidamente que se fixo famoso sen apoio da igrexa.......mellor funda a relixión. Por ultimo o de ser malísimo, destas tres é das que máis me atrae xunto co de fundar unha relixión, pero ambas por que pode ser moi entretido, pero xa sairiamos do campo “ser recordado” e entrariamos no campo “pasalo ben”. Se o que queres é ser recordado resulta a mellor das opcións, sempre e cando non te importe ser recordado como un autentico ca.....zo, resulta entretida, a mellor forma e gobernar un país, a poder ser un dos importantes, pena de que os máis fáciles sempre sexan dos pouco importantes. Se podes conquistar Europa como Hitler seria suficiente, pero probablemente morras antes do esperado ou pases en prisión o resto dos teus días, ti saberás se merece a pena.