sábado, 4 de julio de 2009

Emerson,Lake&Palmer

Este último mes apenas puiden escoitar outra cousa que Emerson Lake & Palmer (normalmente escrito "ELP"). ELP é unha super-banda formada por Keith Emerson nos teclados (piano, órgano, sintetizadores...), Greg Lake, voz, baixo e guitarras y Carl Palmer batería e percusións. ELP é quizais unha das mellores bandas de rock progresivo da historia.


Nunca esquecerei a primeira vez que escoitei os ELP, foi nun recompilatorio do Isle of wight 1970, xa fai algúns cantos anos, e o primeiro que veo é a Emerson dándolle voltas o seu órgano hammond, xogando cos ruídos que isto producia, pouco despois crababa coitelos nos teclados, subía enriba e comezaba a "camiñar". Loxicamente namoreime deles (musicalmente falando). fun escoitando disco tras disco, canción tras canción, e o meu amor non puido máis que medrar, a mais non fixeron nada (xuntos) durante os oitenta, polo que no se estragaron como outros moitos grupos. A súa primeira época é moito mais interesante e tamén a de mais éxito dende o seu disco homónimo ata Brain Salad Surgery. Cancions como the Barbarian, tarkus ou Karl Evil 9 entre moitas outras, forman un repertorio impresionante.

O virtuoso Keith Emerson era membro de The Nice e estaba considerado o Jimi Hendrix dos teclados. Este talento mostrábase tanto a hora de compoñer como na interpretación dos temas, de gran complexidade técnica.

Greg Lake era membro orixinal King Crimson, nos tempos de in the Court of the Crimson King, e mentres o forte de Emerson era o virtuosismo, o de Lake, era a sensibilidade na sua forna de cantar cancions como luky man (canción que compuxera no colexio) ou the stage entre outras moitas. Que ninguén se confunda, Lake éra un baixista moi habilidoso.

Carl Palmer é un batería moi enérxico e abilidoso pero érao menos coñecido do trío xa que os seus grupos anteriores eran de menor relevancia. nembargantes, hoxe en día é un dos baterías británicos mais reputados e influentes. Despois de ELP formou parte da super-banda Asia e mesmo colaborou nalgúns dos disco de Mike Oldfield.

Se algún lee o artigo da Wikipedia, creo que non está moi ben, por exemplo, di que estaba pensado que Hendrix formase parte do grupo e fosen "HELP". Non sei de onde sae esa historia pero é falsa. Segundo a wikipedia, isto non chegou a ocorrer polo feito de que Hendrix morreu antes de formar ELP, pero é mentira, de feito chegaron a tocar os dous (por separado) no mítico Isle of Wight 1970.