lunes, 29 de diciembre de 2008

O sentido da vida (parte 2):


Ditos xa os cartos e a fama.... ¿Qué obxectivos na vida me quedan por criticar? Pode que me esqueza algún que sexa importante citar, se alguén ten algunha idea, que a diga que eu cárgoma nunhas liñas.

Pois creo que por fin chegamos “ó sentido da vida”. O sentido da vida, queridos lectores, non é outro que ser felices. Uffff!!!! Topicazo!!! Pois si, así de primeiras é un topicazo, ¿pero para qué podemos querer nos ser infelices? ¿Merece a pena algo que non é capaz de facernos felices? Non, claro que non. Se non somos felices nin temos a menor intención ou posibilidade remota de selo, non teño claro para que nos molestamos en vivir. ¡Ollo que non estou animando a ninguén a suicidarse! Pero como acostuma pasar cando parece que chegamos a unha conclusión, aparecen moitas novas dúbidas: ¿Qué é, máis concretamente, ser feliz? ¿Cómo podo chegar a ser feliz? ¿Son feliz? E moitas máis.

En canto a qué é a felicidade, cabe destacar que moita xente, ou polo menos moitos que eu coñezo, teñen a idea na cabeza de que ser feliz é estar todo o tempo feliz. Paradoxalmente esto é completamente falso, de feito, ninguén é feliz o 100% do seu tempo vital ( teño dubidas de unha persoa) pero existen persoas felices (como eu). É moi fácil pensar que por andar aburrido de vez en cando non es feliz, pero é falso. A felicidade faise a ratiños, ter momentos de felicidade, uns máis longos outros menos, uns máis fortes, outros máis suaves pero ter polo menos un cada día ou case todos os días.

Para ser feliz o primeiro e non obsesionarse con ser feliz. Se vives empeñado en ser feliz serás infeliz. O segundo punto sería gozar deses momentos felices citados anteriormente e non deixar que os malos momentos, que son completamente inevitables, dominen a nosa vida. Claro esta, ante problemas moi grandes esto resulta practicamente imposible, pero si pode ser transitorio. Finalmente resulta moi útil non esperar a felicidade se non saír a buscala, e para buscala o mellor é facer cousas que resulten gustosas, o que sexa (sendo boas persoas,claro está), sempre tendo en conta que non podes hipotecar a túa futura felicidade, non merece a pena ter que aguantar logo tanta tristeza.

En canto a “¿son feliz?”cada quen ten que contestarse a si mesmo, dende logo e unha pregunta moito máis interesante do que pode parecer a simple vista. O que si que esta claro e que se a resposta é non, ponte as pilas, só se vive unha vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario