lunes, 29 de diciembre de 2008

O sentido da vida (parte 1):


Boa película dos Pyton…….pero non é eso do que eu quero falarvos. Cada quen é libre de facer o que lle pete ca súa vida, faltaría máis, inda que sempre procurando non molestar (iso vai por ti inventor do reggaeton) e dado que todos imos morrer algún día (o mesmo eu non, que sonche moi raro) o feito de facernos ricos materialmente perde boa parte do seu interese a longo prazo....certo, moitos dos lectores teñen ou terán fillos algún día e poderían deixarlle unha substanciosa herdanza a estes, pero eu son da opinión de que as grandes herdanzas non son boa cousa, o mesmo o explico nun futuro con mais detalle, pero creo que non é moi xusto socialmente que alguén que non fixo nada na súa vida sexa rico, e ademais non lle dan as cousas o valor que teñen (e inda que sexa politicamente incorrecto dicilo, cantos máis cartos teña papa máis fácil é que o neno/a salga imbécil). Contra as herdanzas máis ou menos pequenas non teño nada. Alguén dirá que ser rico mola, non serei eu quen diga que non, pero resulta difícil chegar a selo, probablemente nunca o logres, que se o logras, felicidades, pero os cartos non dan a felicidade (inda que si poidan axudar bastante). A conclusión a esta parte de exposición e clara: Non te mates demasiado para lograr os cartos, so o xusto para vivir un pouco ben e merecelos.

Moita xente, se me fixese caso agora quedarían orfos de obxectivos, coitados.

Segundo obxectivo vital estándar, fama. Existen tres formas básicas de ser recordado despois da morte durante moitos séculos. Ser moi malo, ser moi bo e ser un xenio. Se es un xenio, pero un deses realmente xeniais, probablemente serás incapaz de non facer méritos para ser recordado, e inda así as circunstancias teñen que serche favorables (o/a señor/a que inventou a roda era un xenio, pero ninguén sabe quen era). Se o teu plan e ser moi bo, dado que xa non meten xente nova na biblia, funda unha relixión, é a túa mellor opción, pero por moi tentadora que resulte, a maior parte das relixión fracasan nos seus primeiros anos de vida, tamén podes intentar ser Gandi pero se é o único que recordo así rapidamente que se fixo famoso sen apoio da igrexa.......mellor funda a relixión. Por ultimo o de ser malísimo, destas tres é das que máis me atrae xunto co de fundar unha relixión, pero ambas por que pode ser moi entretido, pero xa sairiamos do campo “ser recordado” e entrariamos no campo “pasalo ben”. Se o que queres é ser recordado resulta a mellor das opcións, sempre e cando non te importe ser recordado como un autentico ca.....zo, resulta entretida, a mellor forma e gobernar un país, a poder ser un dos importantes, pena de que os máis fáciles sempre sexan dos pouco importantes. Se podes conquistar Europa como Hitler seria suficiente, pero probablemente morras antes do esperado ou pases en prisión o resto dos teus días, ti saberás se merece a pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario