martes, 9 de junio de 2009

Europa, Europa...

Grandes abstencions implican, en Europa, máis representación dos partidos extremistas. En España, máis PP.

O lóxico sería que se un partido fai ben as cousas, gane votos, e se non, perda forza. Os principales partidos funcionan así, Agás o PP. O votante "estandar" Popular é irreflexivo, e vota o de sempre, pase o que pase, e sempre vota. Sería lóxico pensar que cós últimos escandalos ( Madrid e especialmente Valencia) o batacazo Popular fora tremendo, se ben a realidade superou a ficción outra vez. ¿As Causas? Moitos "Peperos", víctimas da súa propia paranoia persecutoria, ou máis ben da súa credulidade ante os seus líderes, pensan que esas acusacións son falsas, cá intención de facer ferida no PP. Tamen está o caso de outros moitos que sí que aceptan a verdade, pero no lles importa.

Os partidos de esquerdas, cando a cagan, a pagan.

¡¡E agora, polo que estou a ver nas noticias, os populares están moi crecidos!! ¿¿Moción de censura??¡¡Se só sacaron un par de escanos máis!! Pareceme un pouco esaxerado, pero como queran, ninguén llo pode impedir e non creo que pasase nada...

E Italia, con "papi" Berlusconi, que fai o que quere cando quere e como quere, tamén gana, inda que por menos do que quere. E inda ten as pelotas de dicir que A CULPA É DE KAKÁ POR MARCHAR O MADRID!!!!!! OLÉ!!!!!

Poucas boas novas, quizais a única, suben os Verdes......¡¡Algún día morreremos todos e o universo voltará a ser un lugar "lóxico"!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario