martes, 17 de febrero de 2009

Neve

Ela nunca vira nevar. Tiña visto neve, pero pouca e xa caída. Quizais por iso a súa face reflectía inda mais luz da que era fisicamente posible. Eu tiña visto moitas veces a neve, inda que na cidade nunca tanta, por iso a miña ilusión amosábase moito mais moderada. A min o que me iluminou a cara foi ver a ilusión que a ela lle facía tal acontecemento.

Estaba mais fermosa do normal, que non é pouco. Radiante. Pletórica. Allea por un intre a todos os problemas que puidera ter. A súa cara tiña esa expresión de ilusión e felicidade que tan difícil resulta de ver nun adulto. Como un neno que ve a uns tipos disfrazados de reis magos nunha carroza, como un neno o que lle fan un cutre truco de maxia, como un neno entrando en disneylandia, como un neno... Esa cara de inocencia, de pureza e de ilusión. Díxenllo. Sorriu. E seguiu mirando o ceo ca mesma cara.

"Estoume empapando, non sabía que a neve mollaba". Rin escéptico. "¡¡jooo!! Vale que é auga, pero suponse que está sólida" Rin crédulo.

Refuxiámonos na biblioteca, obxecto inicial da nosa excursión, e desapareceu. "¿Como podes estudar? Se eu fora ti, estaría fora, gozando da neve" comenteille. "Non teño tempo". Unha vez mais estaba a ensinarme a súa faceta adulta.

¡Que rica!

No hay comentarios:

Publicar un comentario