viernes, 13 de marzo de 2009

...o home creou a deus...

Unha relixión e un conxunto de teorías absurdas, as cales non poden ser demostradas mais que por medio de mentiras. Acostuman apoiar a existencia de un ou barios seres superiores, xefes do universo, chamados deuses. As principais relixións teñen a “obriga” de expandir o seu mensaxe. Preséntanse como verdades indiscutibles e absolutas, se ben, as crenzas relixiosas son crenzas, non sabedorías, e por definición, calquera crenza que teñamos debería deixar a opción á reflexión e á retractación. Incluso as sapiencias non deixan de ser crenzas, en canto a que inda que estean ben razoadas pódesenos escapar algún detalle, por exemplo 5+5=10 parece certo...pois non necesariamente xa que se no estamos a falar dun sistema decimal se non outro, por exemplo nun sistema octal , o resultado pasa a ser 12, e en hexadecimal, “A”.

Paréceme comprensible que os nosos antepasados, a causa da súa ignorancia, creran as mentiras de algún "conta-conos" que explicaba o orixe do universo, da vida, de nos...... a fantasía forma parte da natureza humana.

Entendo que estas crenzas perdurasen inda cando existía unha incipiente ciencia, xa que inda que os razoamentos científicos tiñan unha base mais lóxica e racional, a hora da práctica, non daba uns resultados moito mellores que a relixión. Por exemplo, no campo medico, tiñas practicamente as mesmas posibilidades de curarte rezando que seguindo os consellos do médico. Dado isto, a tendencia natural do ser humano a crer o que lle digan os seus antecesores (por absurdo que isto poida ser) e a presión exercida por un potente grupo interesado en manter o seu poder a toda costa, a supervivencia desa superstición chamada relixión amosase completamente normal.

Agora ben. ¿Como pode ser que hoxe en día a relixión sexa algo mais que historia?

Partindo do suposto de que a ignorancia é unha fonte de credulidade, danse distintas situacións segundo distintos tipos de beatos. Nos países subdesenrolados, o acceso a educación é moi escaso (cas súas diferencias entre países) mentres que a “cultura” popular mamase dende a berce irremediablemente. No primeiro mundo, moitos beatos poderíanse explicar por seren o froito dunha herdanza cultural, foron educados baixo os principios da súa relixión (sexa a que sexa), e, como xa mencionei, saír dese bucle eterno de engano non resulta fácil. Aparte, nos casos de individuos de idades mais desenroladas, a súa mente non acepta nin tan sequera a posibilidade de que non teñan razón, o cal en certo modo resulta comprensible.

O que non entendo é como xente teoricamente intelixente, con uns estudios básicos ou incluso elevados, cos supostos coñecementos que estes dan, inda que teñan unha certa predisposición cultural, poden crer firmemente en deus.

Pode ser que se trate dun problema de irreflexión...

Pode ser que no fondo non sexan tan listos como os seus estudos din...

Pode ser que teñan razón.....¡Non, iso si que non!




"No inicio dos tempos, o Home creou a Deus e o fixo a súa imaxe e semellanza"-Ian Anderson-

4 comentarios:

  1. O puede que se trate de un problema de miedo.
    La muerte asusta, nos aferramos a la más mínima esperanza que podamos imaginar por muy irreal que parezca.

    ResponderEliminar
  2. O puede ser que esos estudios básicos y avanzados no respondan a todas las preguntas, ni siquiera a las más importantes. Creer en una verdad absoluta es reconfortante.
    Quizá sea un medio de huída como lo de ahogar las penas en alcohol. El opio del pueblo.
    También puede ser un inconmensurable acto de hipocresía.

    ResponderEliminar
  3. O medo a morte ten que ser unha das forzas principais das relixións. Eso explicaría por que todas as relixión falan de algún tipo de vida mais ala ou de reencarnación, o caso é non aceptar a morte.

    A ciencia non responde a todas as preguntas que nos podemos plantexar, pero polomenos intentao por medios lóxicos. ¿Que é mellor? ¿saber que ingnoramos ou ignorar a sabedoría? Unha vez máis a xente elixe a opción mala.

    ResponderEliminar
  4. El problema aparece cuando tenemos en cuenta que el ser humano es demasiado orgulloso y no tan entero emocionalmente como para aceptar ciertas lagunas en sus conocimientos.

    ResponderEliminar